CONFERENCIAS

O 19 de febreiro dúas conferencias no Quiosco Afonso (aforamento limitado, inscrición de balde)

10:00 h.  Asociacións de cidadáns e cidadás en movemento: valores éticos para a vida. Conferencia-coloquio de Toni Puig. Quiosco Afonso (90’ aprox.).

“Unha cidade é activa, inclusiva, esperta cando unha rede plural de asociacións civís de todo tipo a vertebran e fano con atrevemento, xenerosidade, implicando unha multitude de cidadáns voluntarios, asociados e colaboradores. Hoxe son máis indispensables que nunca”. Toni Puig


Considerado por moitos o gran gurú das cidades, un mito do urbanismo, un xenio da animación sociocultural e da comunicación creativa, este pequeno gran home é, sen dúbida, todo un referente internacional cando se trata de falar de transformación social. Tremendamente ameno, provocador, creativo, intelixente, retrata os seus pensamentos cun estilo sorprendente que a ninguén deixa indiferente.

Máis información sobre Toni Puig

17:00 h: Entre o individual e o colectivo: os infinitos espazos para a transformación social. Conferencia-coloquio de Teresa Moure. Quiosco Afonso (90’ aprox.). Esta recoñecida filóloga e escritora galega acompáñanos hoxe para nos facer reflexionar: “poñer o mundo patas arriba. Para que os tópicos non boten raíces”.

Doutora en Lingüística Xeral, exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade, ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética da persoa investigadora, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

INSCRICIÓNS





  • Trackback are closed
  • Comentarios (0)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: